concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Áreas e Servizos » Participación social » Asociacións » Formar unha asociación

Formar unha asociación

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

Asociacións de carácter xeral:

 Obter un CIF: tramitar na delegación de Facenda (modelo 036). Haberá que levar un exemplar da Acta fundacional da entidade (orixinal).

Darse de alta no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia (Delegación da Coruña da Consellería de Presidencia, Administracións públicas e xustiza).

Haberá que presentar, por duplicado:

 Solicitude dirixida ao rexistro competente.

Ámbito autonómico: Rexistro Central de Asociacións. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Ámbito provincial: Rexistro da delegación provincial dependente da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Acta fundacional.

Estatutos.

Xustificante do pagamento da taxa correspondente (o impreso o facilitan no banco, e haberá que levar ao mesmo unha fotocopia do CIF). O importe para o ano 2013 é de 35.38€

1 fotocopia do DNI dos membros da Xunta directiva e 2 do presidente.

 

Solicitar a exención do IVE (en Facenda). Este trámite non é obrigatorio.

 


Asociacións de carácter deportivo:

 

  Obter un CIF: tramitar na delegación de Facenda (modelo 036). Haberá que levar un exemplar da Acta fundacional da entidade (orixinal).

  Darse de alta no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia (Delegación provincial da Consellería de Deporte).

Haberá que presentar, por triplicado:

Acta de constitución.

Acta de aprobación dos estatutos pola Asamblea Xeral.

Relacion dos nomes, número de DNI e domicilio dos promotores ou directivos.

Estatutos da asociación.

Xustificante de pago das taxas.

  Solicitar a exención do IVE (en Facenda). Este trámite non é obrigatorio.

 

Unha vez creada a asociación, rexistrada a súa acta fundacional e os seus estatutos a asociación deberá levar ó día o Libro de actas, o Libro de socios e os Libros de contabilidade, segundo ven recollido na Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo reguladora do dereito de asociación. Estes libros recollen os datos fundamentais da vida da asociación e son o referente legal ante terceiros e ante os propios socios dos acordos, composición, orixen e destino dos recursos, por eso é tan importante mantelos ó día.

Os libros pódense comprar nas papelerías e xa veñen preparados para poder ser legalizados no rexistro. Sen embargo, tamén é posible levar estos libros dende o ordenador. Para elo deberemos legalizar follas soltas con numeración correlativa .



Casa da Cultura

981 79 12 52, ext. 4

Asociacións


Lei 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

asociaciones.org

Ministerio del Interior (Asociaciones)

Xunta de Galicia (Asociacións)

Xunta de Galicia (consulta asociacións)

 

 

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal