concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Altas

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

Altas por cambio de residencia

Este trámite deben realizalo tódalas persoas que veñan a vivir a Bergondo.

Como darse de alta?

Presencialmente, na oficinas do Departamento de Padrón de habitantes e Estatística, entregando cuberto o impreso de Alta.

Documentación para presentar xunto co impreso de Alta:

Documento que acredite a identidade:

Para os que teñan nacionalidade española:

DNI de tódolos membros que o teñan (obrigatoriamente os maiores de 14 anos).

Para as demais nacionalidades:

Tarxeta de residente, pasaporte ou no seu defecto outro documento legal recoñecido polas autoridades españolas.

Para os menores de idade:

Libro de Familia

Cando non se dispoña da sinatura de ambos proxenitores, deberá aportarse unha declaración responsable do proxenitor que realiza a solicitude de inscrición. Pódese utilizar o modelo que figura nos enlaces de interese, á dereita da páxina.

Nos supostos de separación ou divorcio: acreditar mediante copia de resolución xudicial a garda e custodia do menor.

Documento que acredite a ocupación da vivenda:

Se non figura ninguén empadroado nese domicilio e unha das persoas a empadroar é titular da propiedade ou contrato, acompañará, segundo o caso, un dos seguintes documentos:

Escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou unha factura actual mensual de electricidade ou auga ou teléfono a seu nome.

Cando os documentos anteriores figuren a nome doutra persoa que non sexa unha das que se vai a empadroar, acompañarase:

Un dos documentos anteriores e a fotocopia do DNI en vigor do titular da vivenda que tamén terá que asinar no impreso de alta, como proba de conformidade e autorización.

Se xa figura alguén empadroado nese domicilio, terá que constar no impreso de alta do solicitante a sinatura dunha das persoas maiores de idade xa empadroadas, como proba de conformidade e autorización, acompañando copia do DNI en vigor do autorizante.

Tempo de tramitación: inmediato

Información pagamento: gratuíto

 

Altas por cambio de domicilio

A forma, trámites e documentación a adxuntar é a mesma que para as Altas por cambio de residencia.

Tempo de tramitación: inmediato.

Información pagamento

 

Altas por cambio de datos persoais

Realizarase presencialmente cando o interesado detecte algún erro na súa inscrición padronal, excluíndo o domicilio, (parágrafo anterior), provisto do seu DNI e co documento orixinal ou fotocopia que acredite o dato a modificar.

Tempo de tramitación: inmediato

Información pagamento: gratuíto



Casa do Concello. Planta principal

981 79 12 52, ext. 8

Padrón de habitantes e Estatística

Dependencia orgánica: Secretaría



Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal