concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Áreas e Servizos » Educación » Orientación educativa

Orientación educativa

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

A Orientación é un recurso que presta un servizo, cunha función de  apoio / asesoramento ao proceso de ensino-aprendizaxe.

O departamento de orientación desenvolve as súas funcións naqueles ámbitos relacionados coa orientación psicopedagóxica, académica e profesional, e ten as seguintes competencias:

 Valorar as necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

Elaborar as propostas do plan de orientación académica e profesional e do plan de acción titorial, así como coordinar o profesorado e ofrecerlle soporte técnico para o desenvolvemento destes plans.

Participar na elaboración dos proxectos educativo e curricular do concello, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención ao alumnado con necesidades educativas especiais e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.

  Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de altas capacidades que presenten os alumnos e as alumnas.

Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

Facilitarlle ao alumnado o apoio e o asesoramento necesarios para enfrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa e, cando corresponda, a elección de optativas ou de itinerarios formativos, a resolución de conflitos de relación interpersoal ou a transición á vida profesional.

Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos e en calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación.

Promover a cooperación entre o concello e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos e fillas.

Favorecer o proceso de maduración vocacional, orientando e asesorando ao alumnado sobre as súas posibilidades académicas e profesionais, así como as ofertas do seu contorno que lle faciliten elixir responsablemente.

Coordinar a orientación laboral e profesional con outras administracións ou institucións.

Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións.



Casa da Cultura (detrás do Concello)

981 79 12 52, ext. 4

Educación

 

 


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal