concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Reforzo educativo

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

En que consiste?

Primeiramente consideramos  importante saber que é o reforzo educativo.

O reforzo educativo é unha medida de apoio ao alumnado que se ofrece de forma esporádica e con carácter puntual cunha finalidade preventiva, de recuperación ou incluso de ampliación.

Non obstante, máis que reforzo educativo, o traballo céntrase en ensinar ao alumnado as técnicas, estratexias e métodos que faciliten o seu proceso de aprendizaxe así como conseguir certa autonomía e organización no seu estudo.

Para quen?

As actividades que se levan a cabo están dirixidas a todos os niveis de Educación Primaria, abarcando todas as materias do currículo e polo tanto, as competencias básicas da LOE.

Que son as competencias básicas?

Unha competencia é a capacidade de poñer en práctica de forma integrada coñecementos, habilidades e  actitudes para resolver problemas e situacións. Ademais, adquire a dimensión de básica, xa que debe estar ao alcance de todo o alumnado da escolaridade obrigatoria.

Estas son as competencias básicas:

Competencia en comunicación lingüística.

Competencia en razoamento matemático.

Competencia dixital e tratamento da información.

Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico e natural.

Competencia social e cidadá.

Competencia cultural e artística.

Competencia para aprender de forma autónoma.

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal.

Avaliación inicial

Ao inicio de curso levarase a cabo unha avaliación inicial de determinados aspectos como son a lectura, a comprensión ou incluso o coñecemento sobre as técnicas de estudo que poda posuír o alumnado.

Aplicaremos ao alumnado probas de velocidade lectora así como de comprensión, alén de cuestionarios  específicos de técnicas de estudo adaptados a cada nivel.

Existe a posibilidade da elaboración dun diagnóstico psicopedagóxico por alumno/a se fose necesario.



Casa da Cultura

(detrás do Concello)

981 79 12 52, ext. 4

Educación

 

 




Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

myself, Côte de Geneve on the bridges and circular Côte de Geneve on the winding mass. The screws are heat-blued and the edges of the bridges are beveled and polished. That s what we may expect from a Haute Horlogerie manufacture like Girard-Perregaux and they have delivered accordingly. The movement is fitted with two parallel barrels with a power reserve indicator using a rack system. At 12 oclock, Colt breitling knockoff , We offer top swiss AAA Omega cartier wholesale watches online , and much later they invented Spring Drive. Since both are equipped with a quartz crystal.
/hosting/bergondo.gal/www/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php