concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Áreas e Servizos » Educación » Apertura de centros fóra do horario lectivo

Apertura de centros fóra do horario lectivo

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

En que consiste?

O Programa de Apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo é unha iniciativa que comezou en abril de 2009 no noso Concello e que continua desenvolvéndose ata día de hoxe.

Este programa ten como principais obxectivos unificar actividades de reforzo educativo con actividades que faciliten a conciliación familiar e laboral.

Actualmente denomínase Programa de conciliación e responsabilidades compartidas.

O programa baséase no principio de autonomía dos centros, o cal ofrece a posibilidade de empregar as instalacións como recurso para a realización de actividades deportivas, artísticas e de estudo dentro dun concepto de servizos complementarios que mellore a oferta educativa.

Así mesmo, con este fin preténdese favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen  unha formación integral do alumnado.

Procúrase tamén que o alumnado acade unha optimización dos tempos extraescolares para a adquisición das competencias básicas que lles esixe a sociedade actual, ao tempo que se promove o esforzo compartido de toda a comunidade educativa de cara ao fomento do éxito escolar, á redución do abandono temperán dos estudos da nosa mocidade e a procura da igualdade entre xéneros.

Os espazos dos que facemos uso para o programa son as instalacións do CPI Cruz do Sar así como o edificio Multiusos A Senra.


Casa da Cultura

(detrás do Concello)

981 79 12 52, ext. 4

Educación


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal