concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Áreas e Servizos » Deporte » Parques biosaudables

Parques biosaudables

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

Dende hai anos o concello de Bergondo leva a cabo a organización de distintas actividades deportivas de carácter contínuo para tódalas idades, tamén para as persoas maiores.

Estes circuítos ó aire libre están compostos por diferentes equipos de ximnasia, que permiten manter a forma física e previr ou tratar diferentes doenzas e lesións concretas. Están deseñados para a práctica de exercicio físico de adultos a partires de 40 anos e son especialmente recomendados para maiores de 60, porque lles permiten mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo. Potencian unha vellez saudable, dinámica e autónoma e constitúense como alternativa e complemento perfecto ás prácticas dirixidas que hai xa anos vimos organizando dende o Concello.

As vantaxes fundamentais dos circuítos biosaudables, dende o punto de vista dos profesionais do deporte céntranse en que:

Permiten realizar un exercicio físico completo que incide favorablemente sobre todos os compoñentes da condición física saudable dos maiores.

Permiten realizar exercicio físico adaptado a este colectivo específico e seguro. Isto é importante porque se realiza sen supervisión.

A nivel articular, supón sen dúbida un gran avance para a prevención de dexeneracións articulares, que a longo prazo adóitanse converter en lesións e polo tanto en perda de calidade de vida para o suxeito.

Biomecánicamente é unha gran vantaxe poder traballar en primeiro lugar cun gran percorrido articular e segundo co propio peso do individuo, isto evita forzar as articulacións e os músculos, algo que pode ocorrer co traballo coas resistencias.

Permite realizar un traballo muscular lento e controlado cun sinxelo manexo e contrastada efectividade.

 

Parques biosaudables en Bergondo (usar o mapa para a súa xeolocalización):

Parque biosaudable da parroquia de Bergondo (2)

 Parque biosaudable da parroquia de Guísamo

Parque biosaudable da parroquia de Lubre. 

 Parque biosaudable da parroquia de Santa Marta de Babío.

 Parque biosaudable da parroquia de Cortiñán. 

 Parque biosaudable da parroquia de Vixoi. 

 Parque biosaudable da parroquia de Moruxo (2)

 Parque biosaudable da parroquia de Ouces.


 







Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

myself, Côte de Geneve on the bridges and circular Côte de Geneve on the winding mass. The screws are heat-blued and the edges of the bridges are beveled and polished. That s what we may expect from a Haute Horlogerie manufacture like Girard-Perregaux and they have delivered accordingly. The movement is fitted with two parallel barrels with a power reserve indicator using a rack system. At 12 oclock, Colt breitling knockoff , We offer top swiss AAA Omega cartier wholesale watches online , and much later they invented Spring Drive. Since both are equipped with a quartz crystal.
/hosting/bergondo.gal/www/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php