concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Áreas e Servizos » Cultura » Biblioteca

Biblioteca

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

A biblioteca municipal de Bergondo é un espacio aberto á cultura, educación, ocio e curiosidade.


Denominación

A denominación correcta para o caso de Bergondo é a de Axencia de Lectura. Esta denominación ven determinada polas súas características, segundo o Decreto 24/1995 de 20 de xaneiro, polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos (DOG de 2 de febreiro). Deste modo as Axencias de Lectura municipais cumprindo coas mesmas funcións que as bibliotecas, as fan dentro dun espacio físico máis reducido e tamén cun horario de apertura menor que aquélas.


Características

Conta con 52 postos de lectura para adultos.

Fondo bibliográfico

Conta actualmente con preto de 21.000 volumes. Este fondo amplíase regularmente mediante adquisicións, doacións, etc. Conta ademais con materiais especiais como diapositivas, dvd´s, cd´s, etc. Os datos actualizados podes atopalos na web da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Fondo infantil e Bebeteca

Se encontran no Multiusos da Senra.

Servizos que presta a biblioteca

 Actividades educativo-culturais: conta-contos, charlas de dibuxantes, escritores, etc.

 Información bibliográfica: Pregunta á bibliotecaria, pódete axudar a atopar o que precisas.

 Préstamo a domicilio (con execpción dos materias excluídos deste préstamo, só consultables en sala: diccionarios, enciclopedias, atlas, etc.)

 Lectura en sala: disfruta co teu libro favorito dunha tarde tranquila e relaxada.

 Lector de CD-ROM: consulta as bases de datos que ofrece o noso servicio.

 Hemeroteca: xornais e revistas ó teu alcance e de forma gratuíta.

 Fotocopiadora.

 4 PCs conectados a internet.

  Conexión wi-fi.

 

Como facerse socio?

Para facerse socio só cumpre entregar dúas fotos tipo carnet e unha fotocopia do DNI. Anímate!.

A biblioteca conta actualmente con preto de 900 socios.

Normas da biblioteca

Lectura en Sala

1.- Os lectores terán acceso ós libros depositados nos estantes, ollea-los, examina-los e consulta-los directamente, procurando devolve-los o seu lugar, seguindo as normas estrabrecidas para a súa clasificación, que estarán expostas nun lugar visible, consultando ante calquer duda á persoa encargada.

2.- Gardarase silencio, procurando non molestar ós demáis lectores, tanto dentro do local coma nos arredores.

Préstamo a domicilio


1.- Para ter acceso ó préstamo de libros a domicilio é preciso dispor de carné de socio, pídense dúas fotos e é gratuito.

2.- Non se prestarán as grandes obras de consulta, diccionarios, enciclopedias, atlas, nen tampouco as revistas.

3.- Os socios poderán retirar como máximo tres libros de cada vez.

4.- A duración do préstamo será de dúas semanas, prorrogables por outro período de igual duración, sempre e cando o libro prestado non fose solicitado por outro lector, nesta e nalgunha outra circunstancia determinada, o período de préstamo poderase reducir.

5.- A demora da devolución dos libros orixinará unha sanción que vai dende a amonestación verbal (se non excede de dous días) ata a retirada da tarxeta de préstamo por un período dun mes, tres meses ou un ano, según a demora sufrida.

6.- O deterioro dos libros ou a pérdida destes, obrigará ó lector beneficiario do préstamo ó pago dos gastos que orixine a reparación ou compra dun libro novo.

7.- Cando algún libro sexa moi solicitado e non se dispoña de exemplares suficientes para atender a tóda-las peticións, poderase rebaixar a duración do préstamo a sete días, sen dereito a prórroga.

 

Préstamo de libros electrónicos

Dende finais de 2014 a biblioteca municipal de Bergondo ofrece tamén o préstamo de libros electrónicos, a través da Plataforma GaliciaLe.

 




 Edificio principal

Cruce estrada Ferrol-Coruña

de luns a venres: 16:00-20:00 h

sábados: 10:00-13:00 h

981 79 44 60


Fondo infantil, sala de lectura e Bebeteca

Multiusos A Senra

Primeira planta

981 79 44 35

Biblioteca

Dependencia orgánica: Concellería de Cultura, Ensino e Deporte

 

 



ampliar mapa

Abre a Plataforma de préstamo de libros electrónicos da Rede de bibliotecas públicas de Galicia.


Biblioteca do CPI Cruz do Sar (blogue)

Biblioteca do CRA de Bergondo (blogue)

Bibliotecas escolares de Galicia

Asociación Galega do Libro infantil e xuvenil

Consello da Cultura Galega

OPAC do Proxecto Meiga

Cultura Galega

Consorcio de Bibliotecas universitarias de Galicia

Centro Superior Bibliográfico de Galicia

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte

 

 


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal